O Consorcio Audiovisual promove nos institutos a gravación de curtas a través do móbil
mércores, 16 de maio do 2007
O Consorcio Audiovisual de Galicia e a ConsellerÃa de Educación queren fomentar o emprego do móbil como aparello para a creación de pezas curtas, doado de empregar e accesible. Nesta liña de promover o teléfono como algo máis ca unha fonte de problemas familiares vinculados ó sobre-gasto ou á dependencia ó tecnolóxico é onde se pode situar MobilÃzate nas aulas, un certame de curtametraxes gravadas polo móbil dirixido ó alumnado da nosa terra e que constitúe un novo paso do programa Audiovisual nas aulas.
No certame, no que participarán ó longo deste mes até once centros educativos, haberá tamén actividades destinadas a introducir ós rapaces e ás rapazas no emprego do móbil multimedia como ferramenta de rodaxe. Neste senso, contarase coa axuda de monitores e do propio profesorado, que levará a cabo labores de supervisión.