O Controlador de Steam quere revolucionar o xeito de manexar os xogos para PC
venres, 27 de setembro do 2013
Tras o anuncio dunha distribución de
Linux optimizada para o uso de xogos da plataforma Steam e do
desenvolvemento de distintos
ordenadores para levar os videoxogos ao salón doméstico, Valve completa
hoxe os seus grandes anuncios cara ao futuro da súa plataforma de xogos en liña
para PC amosando o que será o Steam
Controller, un mando innovador que busca sentar as bases dunha nova
xeración de xogos no fogar.
Ao querer levar Steam ao salón da casa parece evidente que o uso do rato e o
teclado poden ser un atranco, polo que dende Valve puxéronse a traballar na
creación dun novo mando e o resultado final é realmente abraiante, por ser unha
solución totalmente distinta ao que podemos ver actualmente no mercado, xa que
o novo Controlador de Steam presenta a forma dun gamepad moderno (para un
cómodo agarre) pero en vez de contar con pancas fÃsicas como sistema de control
optou por 2 trackpads circulares pulsables que buscan conseguir unha precisión
semellante á dun rato.
Para que os trackpads puidesen ter certa resposta de cara ao usuario
dotóuselles de pequenos e potentes electroimáns, que poden transmitir distintos
tipos de forma e vibracións, permitindo un control moi preciso sobre a
frecuencia, amplitude e dirección do movemento, conseguindo asà que, pese a non
ter a forma fÃsica dun stick, poidan
ter certa respostas táctil (o que coñécese como capacidade háptica).
Entre ambos trackpads tamén conta cunha pantalla táctil dende a que poderán activarse
infinidade de accións como unha solución para evitar o uso do teclado. Esta
pantalla só executará as accións sobre as que teñamos o dedo se a prememos, de
xeito que, se só a tocamos, poderemos interactuar con ela de distintos xeitos,
como navegando entre as distintas opcións dun xogo. Para evitar que o xogador
teñan que atender a varias pantallas, o contido desta pantalla táctil aparecerá
sobreimpreso na pantalla do xogo cando o usuario toque o panel táctil.

- O prototipo do Controlador de Steam funcionará con cable e non terá pantalla táctil
O novo mando non abandona os botóns, e conta cun total de 16, accesibles na súa
meirande parte sen ter que separar os polgares dos trackpads, e dispostos de
xeito simétrico (o que facilita a súa adaptación para xergos con só marcar unha
casiña no software).
O Controlador de Steam non é un produto exclusivo para SteamOS, senón que tamén
funcionará en calquera ordenador con Steam, e durante os vindeiros meses distribuirase
entre usuarios de proba un prototipo do mesmo que funcionará cun cable USB e
sen pantalla táctil (que será substituÃda por 4 botóns), mentres que a versión
que comercializarase o ano que vén funcionará sen fÃos.
