O Coworking da Cámara de Santiago debulla nunha xornada o actual mapa de axudas á innovación

martes, 22 de abril do 2025 S. P.

A Cámara de Comercio de Santiago, a través do Coworking Dixital CCompostela, organiza o vindeiro 29 de abril a xornada Oportunidades de financiamento para crecer: innovación en movemento, un encontro empresarial divulgativo para presentar o mapa de axudas á innovación para emprendedores, persoas autónomos e pequenas e medianas empresas (pemes).
Búscase con esta xornada, nun plano máis específico, axudarnos a identificar e definir liñas de financiamento ás que poder acudir para financiar a realización das nosas actividades de innovación e emprendemento. Celebrarase o 29 de abril en horario de 12.00 a 14.00 horas e terá 2 horas de formación en liña.
Axenda
12:00 Introdución á xornada
12:10 Presentación de programas de axuda
Información sobre as diferentes opcións de axudas e financiamento público dispoñíbeis.
13:00 Como preparar a túa solicitude de financiamento
Consellos e pasos para preparar solicitudes exitosas.
13:20 Casos de Éxito
Presentación breve de proxectos innovadores que recibiron financiamento.
13:40 Preguntas e Respostas
Espazo para que os participantes fagan preguntas aos relatores.
14:00 Peche
Relatores:
Jose Alberto Álvarez Quiroga
Licenciado en CC. Económicas. Administrador e Socio Consultor de INNPLICA
Marta Bravos Rábade
Licenciada en Farmacia. Socia Consultora de INNPLICA.