O DJ de IA de Spotify agora fala español

xoves, 18 de xullo do 2024 Marcus Fernández

Os usuarios de pagamento de Spotify en España e algúns países de América Latina están a recibir paulatinamente un novo xeito de conectar e descubrir música na plataforma, o AI DJ, ou sexa, unha IA personalizada que fai de picadiscos, non só realizando unha selección de cancións adaptadas aos nosos gustos, senón tamén acompañando estas recomendacións cunha voz sintética que agora tamén fala español.
Este picadiscos de IA realiza comentarios sobre os temas que recomenda, facendo máis probable a súa escoita completa, convertendo a experiencia algo semellante a escoitar unha emisora de radio musical, coa vantaxe de que está personalizada para o usuario. O modelo de voz empregado polo AI DJ en español responde ao nome de Livi, e está inspirado na editora mexicana Olivia Livi Quiroz Roa, quen leva anos creando listaxes de reprodución en Spotify, e que tras distintas probas foi a voz que consideraron máis próxima ao público hispanofalante.

Vídeo de presentación da voz en español do AI DJ de Spotify