O DJI Mavic Mini poderÃa pesar menos de 250 gramos
luns, 28 de outubro do 2019
O mercado dos drons ofrece cada vez máis produtos, pero nos
últimos anos topou numerosos problemas normativos, de xeito que moitos dispositivos
teñen problemas para comercializarse ante os atrancos para utilizalos, que
practicamente impiden o seu uso en ámbitos urbanos, preto doutras persoas e,
basicamente, na meirande parte de situacións nas que as filmacións de vÃdeo con
drons serÃa desexable. Pero DJI leva tempo avanzando na miniaturización dos
drons, e co
seu DJI Spark hai un par de anos conseguiu levar a súa tecnoloxÃa a un produto
de 300 gramos de peso, ou sexa, só 50 gramos por enriba do que serÃa
considerado un xoguete, que librarÃa das limitacións regulatorias, de aÃ
que dende entón haxa rumores sobre un posible DJI Spark 2 que cumprirÃa os
soños dos afeccionados aos drons ao poder empregarse cunha maior liberdade.
Pero dos rumores dun posible DJI Spark 2 chegamos ás filtracións dun posible
DJI Mavic Mini, que aparece na tenda canadense Newegg a un prezo de 646,15
dólares canadenses (446 euros) no seu modelo Fly More (con baterÃa
adicional) e que, aparte de contar cunha cámara 2,7K e unha autonomÃa de 30 minutos,
pesarÃa só 249 gramos, de xeito que en boas condicións meteorolóxicas e con
certas medidas de seguridade, poderÃa empregarse incluso para voar sobre
edificios e persoas a unha altura máxima de 20 metros sen ter que ter ningún
tipo de certificacións (aÃnda que recomendándose a contratación dun seguro de
responsabilidade civil, xa que o piloto terÃa que facer persoalmente cargo de
posibles danos provocados polo accidentes do vehÃculo voador).
Este lÃmite de peso está fixado en practicamente todo o mundo, polo que o
lanzamento dun dron de DJI por debaixo dos 250 gramos poderÃa revitalizar o
mercado dos drons, especialmente en paÃses nos que case quedou erradicado o uso
de drons para usuarios non profesionais, e o feito de que se estean a filtrar
cada vez máis
imaxes do DJI Mavic Mini dá a entender que a súa presentación pode ser
inminente.
Un detalle a salientar sobre o futuro dron é que
a súa cámara non ten resolución 4K, o que semella unha limitación artificial,
para que o dron máis pequeno non estrague as vendas dos seus irmáns maiores.