O Dell Visor custará 349,99 dólares

luns, 28 de agosto do 2017 Marcus Fernández

Microsoft confirmou que a realidade mixta para Windows 10 estará no mercado na campaña de Nadal, e un fabricantes que quere deixar claro que non chegará tarde á festa é Dell, que hoxe mesmo dá detalles do seu Dell Visor, un casco de realidade mixta que presenta unha aparencia externa moi semellante ao do casco de PlayStation VR do que diferénciase principalmente por integrar cámaras que analizarán o contorno sen a necesidade de sensores externos como acontece con outras solucións para PC. Aparte do casco, tamén comercializarán os Dell Visor Controllers, mandos que facilitarán o movemento no espazo tridimensional, seno o máis interesante destes produtos que xa se coñece o seu prezo: 349,99 dólares para o casco e 99,99 dólares para os mandos.
Dell dará máis detalles do seu casco de realidade mixta o vindeiro 1 de setembro no marco da feira IFA de Berlín, na que Microsoft dará unha presentación na que deberían afondar nesta emerxente tecnoloxía.

PUBLICIDADE