O Departamento do Tesouro dos EE.UU. asegura ser vÃtima dun ciberataque financiado por China
martes, 31 de decembro do 2024
O Departamento do Tesouro dos Estados Unidos informou aos lexisladores nunha carta enviada o luns que sufriu un ciberataque a principios de decembro, o cal foi atribuÃdo a hackers vinculados ao goberno chinés.
Na carta compartida cos principais membros da Cámara de Representantes dos Estados Unidos o Tesouro indicou que os hackers accederon remotamente a determinados equipos de traballo de empregados do departamento e tiveron acceso a documentos non clasificados, describindo o incidente como un «importante problema de ciberseguridade».
O 8 de decembro BeyondTrust deu conta de que os hackers «obtiveron acceso a unha clave utilizada polo provedor» para ofrecer soporte técnico remoto aos empregados do Tesouro, sen especificar como se obtivo a chave.
A axencia estadounidense de ciberseguridade CISA está a facerse cargo da investigación deste caso e asegura que polo momento «non hai evidencias que indiquen que os atacantes seguen tendo acceso á información do Tesouro».
O Tesouro atribúe a violación de seguridade a un grupo patrocinado polo goberno chinés, aÃnda que o voceiro da embaixada chinesa en Washington negouno, e argumenta que non hai ningunha proba que sosteña tal afirmación.
Cómpre lembrar que no últimos meses non foron poucos os ataques informáticos nos EE.UU. atribuÃdos a grupos supostamente financiados por China, como unha serie de ataques que padeceron os operadores de telecomunicacións AT&T e Verizon, co obxectivo de acceder ás comunicacións privadas de altos funcionarios e candidatos presidenciais.