O Disc Manager 100 permite atopar rapidamente os contidos gardados en discos ópticos
venres, 30 de maio do 2008
Co aumento das capacidades dos discos
ópticos, atopar contidos gardados é cada vez máis difÃcil, pois en moitos casos
resulta imposible escribir unha listaxe completa de documentos, programas ou
vÃdeos almacenados nun DVD gravable, de aà que haxa que empregar aplicacións
informáticas para catalogar os nosos discos de datos, o que agora é aÃnda máis
doado grazas ao dispositivo Disc
Manager 100, que permite gardar no seu interior ata 100 discos (CD
de música, DVD, xogos, Blu-ray...) xestionados mediante unha aplicación
instalada nun PC conectado por USB, de xeito que ao solicitar un documento en
concreto o sistema se encarga de expulsalo en poucos segundos.
Esta solución de catalogación é ampliable, de xeito que poden funcionar ata 5 unidades xuntas mediante un único porto USB e valéndose de concentradores USB poderiamos conectar ata 100 grupos de 5 dispositivos apilados, o que permitirÃa xestionar ata 50.000 discos nun único equipo.
O Disc Manager 100 tamén resulta útil para manter os discos afastados do po e
da luz, e tamén resulta
práctico para gardar discos confidenciais.
O seu prezo de venda é de 99 dólares.