O ERE de MasOrange podería afectar a 23 traballadores de R

venres, 20 de setembro do 2024 Marcus Fernández

Hai algo máis de 2 semanas MasOrange anunciou un proceso de despedimento colectivo que afectaría a un máximo de 795 traballadores de 6 sociedades do grupo entre as que figura a galega R, confirmándose agora que o número de traballadores de R e Telecable podería chegar até os 35 (o 14,4% dos empregados) dos que 23 corresponderían á empresa galega e 12 á asturiana, segundo fontes sindicais.
Os sindicatos USO, CCOO, UGT, ELA e CGT xa amosaron o seu rexeitamento a este ERE por considerar inxustificado o programa de despedimentos, que sosteñen que contradí os compromisos da dirección.