O ERE de Vodafone España afectará a 989 traballadores
martes, 16 de xullo do 2024
Tras concretarse da compra de Vodafone España por parte de Zegona anunciouse a intención do fondo de investimento británico de realizar un ERE que afectaba a uns 1.198 traballadores, ao que rapidamente se opuxeron os sindicatos, que presionaron para negociar un acordo máis favorable para os seus intereses.
Finalmente chegouse a un acordo entre UGT e a compañÃa no que se reduce o número de traballadores afectados a 989 (o que supón o 27,47% do cadro de persoal) e melloráronse as propostas de prexubilación realizadas anteriormente.
Zegona propón a prexubilación para os traballadores que antes de rematar o presente ano teñan a partir de 57 anos, aos que ofrecerÃa o 80% do salario regulador; mentres que as indemnizacións serÃan de entre 45 e 33 dÃas por ano traballado cun lÃmite de 24 mensualidades. Tamén establece unha prima de 3.500 euros para salarios inferiores a 40.000 euros tanto para despedimentos voluntarios como forzosos.
Este acordo tamén estipula que non haberá máis despedimentos ata 2026, e non se realizará ningún outro despedimento colectivo ata o 31 de decembro de 2025.
Os sindicatos comunicarán mañá á empresa a súa decisión refrendada, polo en poucas horas serÃa unha realidade o quinto ERE de Vodafone España dende 2013.