O Enredando Tour AMTEGA recala este xoves en Boiro

mércores, 25 de xuño do 2025 S. P.

A redución da fenda dixital en persoas de máis de 55 anos é o gran obxectivo da xira Enredando Tour AMTEGA, que arrincou por terceiro ano consecutivo grazas á colaboración entre Cruz Vermella e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) e que recalou os días pasados en localidades como Silleda ou Noia. Este 26 de xuño fará parada en Boiro.
Grazas a esta xira, a veciñanza poderá acceder a contidos formativos sobre o uso da tecnoloxía na vida cotiá, achegarse a aplicacións que empregan IA (Intelixencia Artificial) e participar en sesións dedicadas especificamente á banca dixital e á ciberseguridade.
Como novidade, están programados tamén obradoiros para mellorar a capacitación dixital en persoas que estean á procura ou mellora de emprego.
Os talleres son impartidos por persoal especializado e voluntariado de Cruz Vermella e desenvólvense en horario de 10 a 14 horas ao longo das diferentes escalas que se realizan no roteiro polas catro provincias galegas.
Os contidos formativos facilitan o achegamento á realidade da tecnoloxía máis doméstica e presente en multitude de áreas da vida cotiá.
Ademais das sesións específicas ao redor da banca dixital e a ciberseguridade postas en marcha no circuíto de 2025, este ano os e as participantes poderán realizar talleres directamente relacionados coa procura ou mellora de emprego a través de contornas dixitais.
Localidades do circuíto 2025
Pontevedra
Silleda: 23 de maio, Praza do Concello
Forcarei: 27 de maio, Praza da Igrexa, 1
O Rosal: 28 de maio, Praza do Calvario, 1
Ribadumia: 29 de maio, Praza do Concello
Ponte Caldelas: 30 de maio, Praza de España
Ourense
Celanova: 3 de xuño. Praza Maior de Celanova
A Rúa: 5 de xuño. Rúa Velázquez
O Carballiño: 10 de xuño. Praza Maior. Rúa Rosalía de Castro
Ourense: 11 de xuño. Rúa do Paseo nº 4 á altura do Centro Cultural Ángel Valente.
Barbadás: 12 de xuño, Avda. de Celanova á altura do nº 39 da localidade da Valenzá
A Coruña
Tordoia: 16 de xuño, na Praza do Concello
Cabana de Bergantiños: 17 de xuño, Lugar A Carballa
Trazo: 19 de xuño, Lugar Viaño Pequeno, 9
Frades: 23 de xuño. Praza pública de Ponte Carreira
Boiro: 26 de xuño. Praza de Galicia
Lugo
Guntín: mércores, 2 de xullo - Lameliña s/n, praza a carón da Igrexa nova de Guntín
Foz: xoves, 3 de xullo – Avda. Álvaro Cunqueiro (diante do concello)
Ribadeo: venres, 4 de xullo - Parque Praza de España.
Mondoñedo: luns, 7 de xullo- Praza do Concello
Vilalba: martes, 8 de xullo- Praza da Constitución