O FIFA09 levará as ligas virtuais a un novo nivel

venres, 12 de setembro do 2008 Marcus Fernández

JPEG - 273.2 KB

As versións para Xbox 360 e PS3 de FIFA09 incorporará unha nova modalidade de xogo coñecida coma FIFA 09 Clubs que permitirá a usuarios a xuntarse para formar equipos de ata 50 integrantes para poder competir no modo Be a Pro: 10 vs 10 en liña, de xeito que cada participante nos partidos manexará a un xogador á vez que este equipo cooperativo poderá participar en competicións virtuais cualificadas en divisións (na que existirán tamén ascensos e descensos como nunha liga real).
Os xestores de cada equipo tamén poderán botar unha ollada aos xogadores doutros equipos para facer fichaxes, polo que a creación dunha liga de fútbol virtual cada vez está máis preto de chegar aos fogares para divertimento dos seus participantes.

PUBLICIDADE