O FUTRO S100 incorpora procesador VIA Eden
luns, 20 de xullo do 2009
Pensando en
funcións ofimáticas lixeiras, dende VIA Technologies anuncian a incorporación
do procesador
VIA Eden na última gama de clientes lixeiros FUTRO de Fujitsu, de xeito que estes equipos de tamaño
reducido pasan a contar cun procesador a 500 MHz que gozan
dun consumo moi reducido e incluso prescinden de ventilador (para un
funcionamento moi silencioso).
Amais, estes equipos coma o FUTRO S100 (que non supera os 11 W a máxima
potencia), contan con 1 Gb de RAM, 2 portos USB 2.0, saÃda VGA, conexión
Ethernet, soporte de almacenamento baseado en memoria, e o seu formato compacto
permite tanto a súa colocación no noso escritorio coma camuflado detrás dun
monitor TFT.
Este tipo de solucións resultan bastante económicas para as empresas, aÃnda que
polo momento non coñecemos o prezo final deste produto que comeza a
distribuÃrse estes dÃas.
- O FUTRO S100 pode camuflarse destrás nunha pantalla TFT