O Festival de Series Ría de Vigo acolle a estrea de Lume, que poderase verase na TVG e en HBO Max
venres, 30 de maio do 2025
O novo Festival Internacional de Series Ría de Vigo, que se celebra desde este xoves 29 de maio na Estación Marítima da cidade olívica, acolleu esta tarde a estrea en exclusiva da serie galego-portuguesa Lume, que poderá verse a partir do 19 de xuño nas televisións públicas de Galicia e Portugal, así como na plataforma HBO Max.
Á presentación acudiron os protagonistas da serie, Cristina Castaño, Isabel Naveira ou Xúlio Abonjo, e a súa directora, Giselle Llanio, ademais, do director da Axencia Galega das Industrias Culturais, Jacobo Sutil, quen interveu neste pase especial facendo fincapé no “lugar privilexiado” no que se sitúa actualmente Galicia en canto á realización de series para televisión e plataformas, “con producións lideradas polas empresas do país capaces de establecer alianzas estratéxicas internacionais”. Tamén felicitou ao equipo de Lume (ao que puxo de exemplo paradigmático da colaboración entre as industrias audiovisuais galega e portuguesa), e ao como o novo certame de series Ría de Vigo, cuxo nacemento “semella ser unha consecuencia natural dentro deste panorama tan positivo e con tanto potencial de expansión neste formato”.
Este thriller xornalístico coproducido pola TVG e a RTP na parte pública, e co apoio do AGADIC, e de Setemedia (que recibiu unha subvención de máis de 240.000 euro por parte da Xunta de Galicia) e da produtora lusa Coral Vision Europa, na parte privada.
Lume está rodada en galego e portugués e narra a historia de Lucía (Cristina Castaño), unha xornalista galega asentada en Lisboa que regresa á súa localidade natal tras un devastador incendio forestal. Convencida de que o lume non foi accidental, inicia unha investigación que revelará unha rede de intereses económicos e políticos vinculados aos incendios, que porán en risco a súa vida. O actor portugués Albano Jerónimo acompaña a Castaño no elenco, xunto a intérpretes galegos como Alfonso Agra, Xúlio Abonjo e Isabel Naveira. A dirección está a cargo de Giselle Llanio e a música é obra da compositora galega Carme Rodríguez.
