O Fire TV Stick 4K Max incorpora conectividade Wi-Fi 6
martes, 14 de setembro do 2021
Ao presentar a súa estrea no
mercado dos televisores, Amazon anunciou tamén o novo Fire TV Stick 4K Max,
a renovación do seu reprodutor multimedia compacto, para dotar de capacidades
de Smart TV a calquera televisor con entrada HDMI, que vén de abrir a súa reserva
en España a un prezo de 64,99 euros, aÃnda que haberá que agardar ao 7 de
outubro para o seu lanzamento.
O novo Fire TV Stick vén a ser unha versión até un 40% máis potente do modelo
4K, o que supón unha maior fluidez nas aplicacións, aÃnda que o incremento de
velocidade tamén chega a nivel de comunicacións, xa que desta volta integra
conectividade Wi-Fi 6, o que agradecerán os que teñen un router relativamente novo,
para poder gozar mellor de contidos de ultra alta definición.
O seu mando a distancia tamén muda lixeiramente, mantendo o seu micrófono para Alexa
(aÃnda que destacando o logotipo de asistente de voz no seu botón dedicado) e
contando con 4 botóns especÃficos para axilizar o acceso a Amazon Music, Prime
Video, Netflix e Disney+. O mando tamén pode empregarse para acender e apagar o
televisor e para controlar o seu nivel de volume.
Outra novidade interesante é que, aparte de poder empregar Alexa para o manexo
da nosa electrónica doméstica, no caso de que contemos con cámaras de vÃdeo
compatibles poderemos ver directamente a súa imaxe en modo picture-in-picture,
ou sexa, nunha fiestra reducida, para non interromper o vÃdeo que esteamos a
ver nun momento determinado.
- Os dispositivos Fire TV Stick achegan numerosos servizos de contidos en liña so televisior