O Fitbit Ultra monitoriza a nosa actividade fÃsica e o noso sono
venres, 18 de maio do 2012
- O Fitbit Ultra está dispoñible en 2 cores
Para monitorizar a nosa actividade fÃsica diaria xa podemos adquirir
en España o pequeno dispositivo
Fitbit Ultra, que rexistra en tempo real os pasos que damos, a distancia
que percorremos, as calorÃas que queimamos, as escaleiras que subimos...
información que pode servir para marcarse certos obxectivos e levar asà a súa
conta para manter unha vida saudable e que está á venda na web do fabricante a
un prezo recomendado de 99,95 euros (aos que hai que sumar 2,99 euros de gastos
de envÃo) ou 99
euros nas tendas K-tuin. Os datos que recolle o trebello transmÃtense por
Blueooth para sincronizalos co PC ou o Mac, para despois poder ver gráficas e
controlar o estado fÃsico vÃa web (sendo tamén compatible con numerosas
aplicacións móbiles de saúde e forma fÃsica como RunKeeper, Endomondo ou Lose
It!).
- Os datos rexistrados polo Fitbit Ultra poden verse vÃa web
Unha prestación curiosa do FitBit Ultra é que inclúe unha pulseira para poder
monitorizar o sono, para saber se descansamos axeitadamente, de xeito que
poderemos seguir a nosa pauta de sono (hora de deitarse, tempo en tardar en
durmirse, veces nas que se interrompeu o sono, horas de sono reais...). Tamén é
posible empregalo como reloxo e como cronómetro.
Para estas prestacións o Fitbit Ultra integra un acelerómetro de 3 eixes e
altÃmetro. Está dispoñible en 2 cores (azul e morado), ten una pantalla OLED,
contrólase cun único botón, a súa memoria pode gardar a actividade dos últimos
30 dÃas, a súa baterÃa dura entre 5 e 7 dÃas, mide 19,5 x 55 x 14 milÃmetros e
pesa 11,34 gramos.
VÃdeo sobre o Fitbit Ultra elaborado pola xente de K-tuin
- O trebello ten un tamaño bastante reducido
- Unha pulseira permite levalo mentres durmimos para rexistrar a nosa pauta de sono