O Foro da Muller-Empresarias Galicia porá o foco este xoves na intelixencia artificial
mércores, 14 de xuño do 2023
A quinta
edición do Foro da Muller-Empresarias Galicia terá
lugar este xoves 15 de xuño, de 9 a 17 horas, no Pazo de Colón
(Poio). Os eixos centrais deste encontro serán: saúde e benestar,
tradición, innovación e Intelixencia Artificial, sempre baixo o
lema das empresarias de Galicia: Acción e Implicación.
Trátase dun proxecto pioneiro en Galicia que se desenvolve como unha
expresión positiva e respectuosa da situación en materia de
desigualdade que ven de converterse nun referente para a muller
empresaria, autónoma e directiva. O seu obxectivo é visibilizar e
promocionar a figura da muller no eido empresarial, profesional e
social.
Indo ao encontro en cuestión, dicir que xirará arredor de catro
mesas de debate:
- Saúde e benestar, na que participarán: Adriana RodrÃguez
(médica), Ana DÃaz Cortes (socióloga) e Eliana Oliveros (coach
motivacional), sendo a moderadora Andrea Alonso (coach de
benestar emocional e transformación cultural).
- Turismo rural, na que participarán: Dori RodrÃguez (Adegas
Celme), Rosa Dorado (Genuine Galicia) e Paula Fernández (Hotel
Albarari), sendo a moderadora Elena Gondar (Casa do Sear).
- ArtesanÃa: tradición e innovación, na que estarán presentes:
Idoia Costa (Idoia Costa, CestarÃa contemporánea), Patricia
González Iglesias (Obradoiro de Costura Saiáns) e Yohanna Carro
(Sargadelos), sendo a moderadora Ana Belén Ledo (Bijou Vitoria 56).
- Intelixencia Artificial, na que estarán presentes: AntÃa
Fernández López (Gradiant), Bertha Guijarro (Universidade da
Coruña- IABiomed) e Sonia Valladares (Universidade de Santiago de
Compostela), sendo a moderadora Yanina Hallak (UARX Space).