O Forum anual de Microsoft, deixa un clima de esperanza entre os asistentes

luns, 5 de outubro do 2009 Raquel Noya

Baixo o lema, Innovación: a mellor resposta e reto actual, Microsoft vén de celebrar, por decimoquinto ano consecutivo, o seu Forum anual para Grandes Organizacións e Sector público, que nesta ocasión tivo lugar en Tenerife.
Neste evento, caracterizado por ser o punto de encontro máis importante entre Microsoft e as grandes entidades privadas e públicas do noso país, déronse cita máis de 160 representantes de Tecnoloxías da Información e as Comunicacións das maiores empresas españolas de distintos sectores, como Industria, Banca e Seguros ou Telecomunicacións así como dos principais clientes da compañía da Administración Pública en España.
Paulino Rivero Baute, presidente do Goberno de Canarias, foi o encargado de inaugurar o devandito Forum, no cal, durante os tres días de duración, a compañía mostrou a “destacada oleada de innovación tecnolóxica, formada por toda unha gama de produtos TIC renovados e de vangarda, que pon a disposición das grandes corporacións e entidades públicas para axudarlle a mellorar a súa produtividade, competitividade e liderato para afrontar”, aseguran, “a actual coxuntura económica como unha oportunidade de negocio”.
Entre outras cousas, os asistentes tiveron a oportunidade de compartir, nun entorno de debate, experiencias de éxito sobre proxectos nacionais desenvolvidos con tecnoloxías Microsoft, co equipo directivo da filial, liderado pola presidenta María Garaña, Alberto Granados, director da división de Grandes Organizacións e Partners de Microsoft Ibérica, Joaquín Potel, director do Sector Público de Microsoft Ibérica e os demais directores da compañía dos sectores de Telecomunicacións, Banca e Industria.
Este evento, foi escollido por Microsoft para compartir cos seus clientes e partners os resultados financieiros que a compañía obtivo nas divisións de Grandes Organizacións e Partners durante o pasado ano fiscal, así como para seguir mostrándolle á Administración Pública o seu apoio e papel de socio estratéxico na introducción das TIC máis avanzadas ao entorno público.
En palabras da presidenta, María Garaña: "Microsoft está poñendo a disposición das grandes organizacións e das Administracións Públicas a oferta tecnolóxica máis avanzada do mercado, a maior onda de innovación coa chegada de Windows 7, Windows Server 2008 R2 e Exchange 2010". "Os novos produtos de Microsoft”, engadiu, “axudarán ás compañías a acceder a un novo concepto de tecnoloxía denominado A Nova Eficiencia: un novo xeito de pensar nas tecnoloxías da información".

PUBLICIDADE