O Fusion CA-1P500 funciona cun iPod no seu interior

luns, 25 de agosto do 2008 Marcus Fernández

Os reprodutores musicais para o automóbil incorporaron nos últimos tempos a posibilidade de achegar temas musicais a través de tarxetas de memoria, entradas de liña para reprodutores externos ou conectividade Bluetooth, e agora aparece o Fusion CA-1P500, que sorprende por permitir introducir no seu interior un iPod classic, Touch ou nano (non é compatible co iPhone), podendo reproducir as cancións almacenadas nos mesmos sen cables externos e tendo agochado o reprodutor portátil.

O iPod pode cargarse dentro do reprodutor musical de automóbil

O Fusion CA-1P500 inclúe pantalla OLED, ten unha roda de control semellante á do iPod, sintonizar radio FM e AM e mellora a calidade do son coa tecnoloxía SRS Wow Sound Shaping. O seu prezo de venda ao público é de 149,99 libras esterlinas (186,25 euros).

PUBLICIDADE