O GPS Photo Finder engade información xeográfica ás fotografÃas gardadas en tarxetas de memoria
mércores, 16 de xaneiro do 2008
O GPS
Photo Finder de ATP Electronics fai doado etiquetar xeograficamente as
nosas fotografÃas dixitais en formato JPEG, pois o dispositivo conta
cunha fenda para tarxetas SD (soportando tamén Memory Stick e tarxetas MMC)
ás que pode acceder para incluÃr a posición tomada mediante GPS ás imaxes
almacenadas. AsÃ, aÃnda que a nosa cámara dixital non conte con GPS, podemos
etiquetar as nosas fotografÃas para logo poder situalas grazas a servizos coma
Picasa, Google Maps e Google Earth.
A principal utilidade deste trebello que se porá á venda este mes a 99 dólares
está en que non precisa dun ordenador para xeolocalizar as nosas fotografÃas,
senón que se trata dun proceso que se realiza sobre a marcha.
O uso deste dispositivo é sumamente doado: