O Gaiás acollerá o 1º Encontro de persoal investigador de Galicia en tecnoloxÃas cuánticas
venres, 29 de novembro do 2024
Dende a Axencia Galega de Innovación (GAIN) anuncian que será o vindeiro 4 de decembro cando se celebre o 1º Encontro de persoal investigador de Galicia en tecnoloxÃas cuánticas. O encontro, que se levará a cabo no Auditorio 1 do Edificio CINC, na Cidade da Cultura (Santiago de Compostela) celebrarase de 11:30 a 14h e nace coa vontade de reunir ao persoal investigador que traballa nesta materia na nosa comunidade e crear sinerxÃas entre este e os organismos de investigación. Asemade, aproveitarase este evento para presentar o Mapa de capacidades en tecnoloxÃas cuánticas de Galicia.
Dicir que esta xuntanza está encamiñada ao persoal investigador e entidades vencellados ao eido das tecnoloxÃas cuánticas. Aqueles grupos de investigación interesados poderán presentar as súas principais liñas de traballo nesta materia. Para isto, deben indicalo expresamente no formulario de rexistro e facilitaráselle un patrón de diapositivas común.
Para consultar o programa e inscribirse cómpre visitar a web do 1º Encontro de persoal investigador de Galicia en tecnoloxÃas cuánticas.