O Gaiás acollerá un foro de arte e cultura dixital con figuras de referencia internacional
luns, 27 de outubro do 2025
A Cidade da Cultura acollerá en novembro a primeira edición de SINTE. Foro internacional de arte e cultura dixital, un encontro que nace co propósito de crear un espazo de reflexión e diálogo arredor dos retos e oportunidades da creación dixital contemporánea. Impulsado pola Xunta de Galicia, SINTE reunirá en Santiago algunhas das voces máis destacadas deste ámbito, desde artistas e estudios ata especialistas en xestión cultural e representantes de espazos dedicados á exhibición e á creación.
Os dÃas 20 e 21 de novembro, máis dunha vintena de figuras da escena nacional e internacional (procedentes de paÃses como Francia, Italia, Portugal ou o Xapón) achegarán ao Gaiás a súa experiencia nun foro que, ademais de conversas e relatorios, incluirá espazos para vivir en primeira persoa propostas artÃsticas innovadoras. Poderase ver por vez primeira en Galicia Materia, un dos espectáculos audiovisuais en directo do artista bretón Maotik, que combina arte e ciencia nunha peza onde as imaxes xerativas e o deseño de son se sincronizan e manipulan en tempo real, evocando as transicións entre os diferentes estados da materia.
SINTE ofrecerá tamén unha dobre función do coreógrafo e bailarÃn xaponés Hiroaki Umeda, unha das figuras máis recoñecidas da vangarda escénica no seu paÃs, cuxo traballo representa á perfección a integración entre danza, movemento e novas tecnoloxÃas. Desde 2002, Umeda presentou as súas creacións en máis de 150 cidades de 40 paÃses, con actuacións en escenarios de referencia como o Teatro Nacional Chaillot de ParÃs.
Procesos creativos e desafÃos dos espazos culturais

- Bani Brusadin
O programa inclúe dúas conferencias mestras centradas nos desafÃos aos que se enfrontan artistas, estudios e institucións culturais nun momento no que as transformacións tecnolóxicas, os algoritmos e os espazos hÃbridos están a redefinir o paradigma da creación. SINTE abrirase cunha conferencia plenaria de Bani Brusadin, comisario de programación de Medialab Matadero, centro de cultura dixital e participativa que se ten consolidado como unha das institucións máis dinámicas e innovadoras do Estado neste eido.
Pola súa parte, o estudio italiano fuse* (referente internacional na arte dixital) compartirá co público o proceso creativo dunha das súas pezas máis coñecidas: OnÃrica (). Esta instalación audiovisual explora o mundo dos soños mediante algoritmos que transforman en imaxes os relatos nocturnos de preto de 30.000 persoas, afondando nas posibilidades expresivas dos modelos xerativos e da intelixencia artificial.
Destacadas voces da creación dixital
O programa complétase con cinco conversas e mesas redondas que contarán con relatores como o artista sonoro e comisario portugués LuÃs Fernandes, director do Festival Semibreve e do espazo cultural Gnration en Braga, ambos referentes na intersección entre arte, música e tecnoloxÃa.
Tamén participarán creadoras como a produtora musical, DJ e directora creativa galega Cora Novoa, ou a artista electrónica e programadora creativa Mónica Rikic, Premio Nacional de Cultura de Cataluña 2021, xunto a representantes de recoñecidos estudios e empresas como Avestudio, Vitamin, EspadaySantacruz, Trison ou Maxina, que ofrecerán unha panorámica ampla e diversa dun sector en plena expansión.
Centro de artes dixitais
SINTE insÃrese na aposta da ConsellerÃa de Cultura, Lingua e Xuventude polas artes dixitais, un sector emerxente e estratéxico que tamén constitúe un motor económico. Nese contexto, o Gaiás aspira a situarse na vangarda coa creación do Centro de Artes Dixitais, actualmente en fase final de construción e cuxa apertura está prevista para o segundo semestre de 2026. O novo espazo procurará converter a Cidade da Cultura nun banco de experimentación con tecnoloxÃas e plataformas presentes e futuras, xerando oportunidades para a innovación disrutiva no ámbito cultural.
A inscrición ao foro é de balde, aÃnda que cómpre reservar praza.
VÃdeo promocional do foro
