O GaiásTech abre a inscrición dunha xornada sobre saídas laborais en estudos STEAM
luns, 22 de xullo do 2024
Baixo o título A Aventura que me Espera: Descubrindo a Ciencia e a Tecnoloxía, o GaiásTech acollerá o vindeiro 27 de setembro una xornada sobre os diferentes roles laborais que combinan a ciencia e a tecnoloxía. O encontro está dirixido á estudantes de entre 14 e 17 anos, pais e nais, que só precisan inscribirse previamente no portal do GaiásTech.
A xornada contará coa participación de dez mulleres con perfís profesionais vinculados a o eido científico ou tecnolóxico con postos en diferentes campos, incluíndo o académico, administrativo e empresarial. O obxectivo do encontro é “mostrar as moitas posibilidades que se presentan despois de obter unha titulación universitaria dunha carreira STEAM, destacando que a formación recibida prepara para desafíos que poden non estar directamente relacionados cos contidos estudados”.
O evento estrutúrase nunha primeira parte nun circuíto por distintos postos en formato feira no que, a través dun diálogo entre estas mulleres e os asistentes, se expoñan os diferentes roles laborais científicos e tecnolóxicos de cada perfil e, na última parte, farase un diálogo común permitindo que se expoñan preguntas e se poida conectar cos temas tratados.
As intervencións estruturaranse en torno a dous paneis. No primeiro intervirán: Ana Jesús López, física e profesora da Escola Politécnica Superior de Ferrol; Teresa Rivas, bióloga e profesora da Escola de Enxeñaría e Minas; Rocío Mosquera, médico e xestora sanitaria no Servizo Galego de Saúde; María J. Rodríguez, doutora en educación con especialidade en tecnoloxía educativa, e que traballa no centro de Supercomputación de Galicia; e Soledad Torres, enxeñeira de Telecomunicacións e profesora na Universidade de Vigo.
Nun segundo panel participarán: Laura Alonso, enxeñeira naval e oceánica pola Universidade da Coruña; Andrea Fernández, pedagoga e Mestrado en Dirección, Xestión e Innovación de Institucións Escolares pola UDC; Eva López, técnica de transferencia e directora do programa Woman Emprende; Cristina Sánchez, antropóloga e investigadora científica no INCIPIT-CSIC; Sonia Martínez, farmacéutica e doutora en Bioloxía Celular.
Este evento enmárcase dentro dun convenio de colaboración entre Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e a Asociación de Mulleres Investigadoras e Tecnólogas (AMIT), para realizar actuacións de fomento e promoción das vocacións STEAM entre a poboación máis nova, especialmente nas mulleres.