O Galaxy Book4 Edge é o primeiro Copilot+ PC de Samsung
martes, 18 de xuño do 2024
Dende hoxe están oficialmente no mercado os equipos Copilot+ PC, que inicialmente son ordenadores portátiles con procesador Qualcomm X Elite (con arquitectura ARM e NPU), de xeito que tanto buscan unha eficiencia enerxética que permita unha grande autonomÃa, como promete funcións baseadas en intelixencia artificial que buscan revolucionar o xeito de relacionarnos cos ordenadores persoais.
AÃnda que son varios os fabricantes que lanzan hoxe os seus Copilot+ PC, o máis salientable serÃa Samsung, xa que serÃa o que ten unha maior presenza comercial a nivel global. O seu primeiro Copilot+ PC serÃa o Galaxy Book4 Edge, que está previsto que chegue ás tendas en versións con pantalla de 14 e 16 polgadas, e con 512 GB ou 1 TB de almacenamento interno, aÃnda que neste momento só é posible adquirilo na súa versión con pantalla de 16 polgadas, 16 GB de RAM, 1 TB de almacenamento e procesador Snapdragon X Elite X1E-84-100, polo que o seu prezo é un tanto elevado (2.099 euros).
A versión con pantalla de 16 polgadas non só é máis caro, senón que tamén ten un peso de 1,55 quilos, mentres que o modelo con pantalla de 14 polgadas é claramente máis transportable con só 1,16 quilos de peso e un grosor de 10,9 milÃmetros.
En calquera dos modelos falamos de pantallas táctiles Dynamic AMOLED 2x, con resolución de 2.880 x 1.800 pÃxeles e protección Corning Gorilla Glass con DX para reducir os reflexos, polo que estamos ante uns equipos para usuarios bastante esixentes, que como grande virtude terÃan que a súa autonomÃa é moi elevada, podendo aguantar o modelo con pantalla de 16 polgadas até 22 horas seguidas reproducindo vÃdeo (o modelo de 14 polgadas limitarÃase a 20 horas de reprodución), que aÃnda que sexa unha autonomÃa que baixe considerablemente para un uso mixto, superarÃa sobradamente as esixencias dunha xornada de traballo completa, e unha pequena pausa chegarÃa para poder aguantar varias horas (en 30 minutos supera o 40-45% da súa capacidade de carga).
Cómpre salientar que, aÃnda que Microsoft prometeu unha chea de novidades con esta nova categorÃa de equipos, a súa prestación estrela, a función Recordar, non estará dispoñible polo momento, xa que decidiron adiala para mellorar a súa seguridade e a confianza dos usuarios cara a unha prestación que pode transformar radicalmente o xeito de atopar información no noso equipo (xa que o sistema lembra o que fixemos no ordenador, facilitando asà a localización de documentos e páxinas web mediante consultas en linguaxe natural).