O Galaxy S9+ confírmase como o móbil coa mellor cámara do mercado
venres, 2 de marzo do 2018
ata a semana que vén non haberá consumidores que poidan pór
a man enriba aos novos Samsung
Galaxy S9 e S9+, pero o novo smartphone insignia de Samsung xa está a pasar
por distintos laboratorios para comprobar a excelencia das súas novas cámaras, e
parece confirmarse o feito de que estamos ante a mellor cámara de smartphone
ata o momento, superando lixeiramente ao iPhone X e ao Pixel 2, actuais
referentes.
ata o momento a análise máis exhaustiva e rigorosa do Galaxy S9+ chega
de DxOMark, onde a cámara do teléfono conseguiu unha puntuación xeral de 99
(104 en fotografía e 91 en vídeo), mentres que o Pixel
2 tiña un 98 (99 en fotografía e 96 en vídeo) e o iPhone X
un 97 (101 en fotografía e 89 en vídeo) asegurándose que o teléfono carecía de puntos
febles na súa cámara, comportándose moi ben en numerosas situacións e conseguindo
un dos mellores efectos de profundidade de campo.
Confírmase que a competición neste apartado non para, e cada poucos meses temos
un smartphone de alta gama que consegue superar aos anteriores, o que resulta
cada vez máis complexo, aínda que resulta rechamante que iso poida ser posible
empregando distintas técnicas, como o feito de que o Pixel 2 destaque sen
contar con dobre cámara traseira, ou que Apple opte por aproveitar sensores de
profundidade do que carecen o resto de fabricantes.
No caso de Samsung a aposta pola dobre apertura da cámara principal, que admite
modo f/1.5 e f/2.4 permite unha versatilidade destacable, de xeito que compórtase
moi ben con pouca e con moita luz; conseguindo tamén brillar grazas a un novo
modo de cámara superlenta no que poden facer que nun vídeo estiremos 0,2
segundos de gravación para que ocupen 6 segundos en reprodución.