O Galaxy Z Flip cóase na gala dos premios Oscar
luns, 10 de febreiro do 2020
Esta semana Samsung presentará os seus novos móbiles
insignia, e aínda que xa
se filtraron moitos detalles sobre os Galaxy S20 e o vindeiro móbil
encartable da compañía surcoreana, na pasada noite sorprenderon
emitindo durante a gala dos premios Oscar un anuncio do Galaxy Z Flip.
Aínda que as grandes dúbidas sobre este smartphone son máis relativas ás
condicións nas que se comercializará, o feito de ver en acción un dispositivo
tan curioso resulta interesante por elementos como a pantalla exterior (que dá
conta das chamadas recibidas e permite contestalas ou rexeitalas dende a
mesma), e tamén demóstrase que o teléfono poderá funcionar coa pantalla medio
encartada, o que dá lugar a formas de uso que podemos considerar innovadoras.
Confíase en que este smartphone remate chegando ao mercado a un prezo próximo
aos 1.500 euros, o que suporía unha baixada de prezo moi importante con respecto
aos 2.020 euros do Galaxy Fold, e unha aproximación ao Motorola Razr (á venda
por 1.599 euros), cunha grande diferenza con respecto a este último: o móbil de
Samsung tería especificacións de gama alta, mentres que o móbil de Samsung
sería un dispositivo de gama media cun prezo moi difícil de xustificar.
Anuncio que puido verse durante a gala dos premios Oscar