O Galaxy Z Flip7 incrementa o tamaño da súa pantalla exterior
mércores, 9 de xullo do 2025
Samsung vén de presentar, xunto co Galaxy Z Fold7, o Galaxy Z Flip7, un smartphone encartable que integra a intelixencia artificial do ecosistema Galaxy cun deseño ultracompacto, unha cámara avanzada e unha nova pantalla FlexWindow que agora se estende de bordo a bordo. Cun tamaño de peto e un rendemento notable, o novo Flip permite realizar accións directamente dende o seu panel exterior, cunha interacción máis fluÃda, personalizable e intelixente.
Melloras en múltiples aspectos
A pantalla Super AMOLED FlexWindow de 4,1 polgadas é a maior da serie Flip ata o de agora, cunha experiencia de uso que abarca toda a súa superficie. Con 2.600 nits de brillo e un refresco de 120 Hz, permite responder mensaxes, consultar a axenda ou sacar selfies de alta calidade sen despregar o dispositivo. Ademais, a pantalla principal, AMOLED 2X de 6,9 polgadas, ofrece unha experiencia envolvente e fluÃda, tamén grazas á tecnoloxÃa Vision Booster, que mellora a visibilidade ao aire libre.
Con só 188 gramos de peso e 13,7 mm de grosor ao estar pechado, o Galaxy Z Flip7 é o máis delgado da súa serie. Conta cunha estrutura reforzada: marco de Armor Aluminium, vidro Gorilla Glass Victus 2 e unha nova bisagra Armor FlexHinge máis fina e duráble, deseñada para garantir unha apertura e peche suaves ao longo do tempo.
O novo Flip incorpora a maior baterÃa da súa serie: 4.300 mAh, que permite ata 31 horas de reprodución de vÃdeo. Ademais, integra un procesador de 3 nm personalizado para Galaxy, con melloras significativas en CPU, GPU e NPU fronte ao modelo anterior. Por vez primeira, Samsung DeX está dispoñible na serie Flip, transformando o dispositivo nunha estación de traballo portátil cunha interface semellante á dun ordenador persoal.
Aposta pola intelixencia artificial
A combinación entre FlexWindow mellorada e Galaxy AI ofrece novas formas de interactuar coa información: desde buscas por voz ata tarefas rápidas sen necesidade de abrir o dispositivo. Con One UI 8 e Android 16, pódense realizar accións como configurar recordatorios, consultar voos ou gardar datos directamente en Samsung Notes.
A integración con Gemini Live permite interaccións por voz e cámara: é posible mostrar un obxecto á cámara e facer preguntas contextuais, ou obter suxestións personalizadas segundo o contido que se visualiza. A función Now Bar amosa notificacións e actividade en tempo real na pantalla exterior, mentres que Now Brief ofrece resumos de saúde, axenda e suxestións de contido adaptadas aos intereses do usuario.
Autorretratos de calidade
O Galaxy Z Flip7 está equipado cun sistema de dobre cámara traseira: un sensor principal de 50 MpÃxeles e outro ultra grande angular de 12 MpÃxeles, con soporte para HDR de 10 bits. A IA axusta automaticamente a escena segundo a luz e o contorno, mellorando o resultado en calquera situación.
As novas funcións da FlexWindow, como o Zoom Slider e a Vista previa dual, permiten controlar o encadre ao facer selfies ou retratos grupais, mentres que o Estudio de retratos no Asistente de fotos ofrece filtros creativos e edición intelixente sen precisar aplicacións adicionais.
Versión Flip7 FE
Samsung tamén anunciou o Galaxy Z Flip7 FE, unha variante encartable máis económica, con pantalla principal de 6,7 polgadas e cámara FlexCam de 50 MpÃxeles. O modelo FE tamén inclúe Now Brief optimizado para o seu formato compacto e está dispoñible en branco e negro cun deseño minimalista.
O Galaxy Z Flip7 xa pode reservarse e estará dispoñible en tendas desde o dÃa 25. Ofrecerase en negro escuro, azul intenso, vermello coral e verde menta (este último só na tenda en liña de Samsung). O modelo FE estará dispoñible en branco ou negro. Ambos inclúen acceso a Google AI Pro e 2 TB de almacenamento na nube durante 6 meses sen custo adicional.
O prezo oficial do Galaxy Z Flip7 no seu lanzamento, susceptible de importantes descontos, parte de 1.209 euros para a versión con 512 GB (o mesmo prezo que a versión con 256 GB), mentres que o Galaxy Z Flip7 FE ten un prezo de 999 euros (tamén en ambas versión de 128 e 256 GB).
VÃdeo promocional do Galaxy Z Flip7
