O Game Pass subirá de prezo en setembro
mércores, 10 de xullo do 2024
A ninguén se lle escapa que o servizo de subscrición de Xbox Game Pass, parece demasiado bo para ser certo, xa que actualmente conta cunha versión Ultimate que por 14,99 euros/mes ofrece máis dun par de centos de xogos para consola e PC, que tamén poden xogarse na nube, e entre os que figuran as grandes novidades dos estudios de Microsoft dende o primeiro dÃa.
Enténdese asà que o servizo vaia subindo de prezo paulatinamente, e a vindeira suba xa está sobre a mesa, de xeito que xa se advirte aos subscritores actuais de que o prezo mudará a partir do vindeiro 12 de setembro. E non só cambiarÃa o cadro de prezos, senón que tamén se eliminarÃa a opción de acumular varios anos de servizo contratado con antelación (dando a entender que nos vindeiros anos continuará a suba de prezos).
A nova estrutura de prezos do Game Pass fai que o Game Pass Ultimate pase de 14,99 euros/mes a 17,99 euros/mes, mentres que o Game Pass Core sube de 59,99 euros/ano a 69,99 euros/ano. O PC Game Pass tamén pasarÃa de 9,99 euros/mes a 11,99 euros/mes.