O Goberno achega achega 86.004 euros a Guntín do Plan UNICO de Banda Larga
xoves, 26 de outubro do 2023
A
subdelegada
do Gobierno, Isabel Rodríguez, realizou este mércores 25 de outubro
unha visita ao concello de Guntín para observar o alcance no
municipio das actuacións de mellora da eficiencia enerxética do
IDAE e conectividade banda larga, cun investimento total de
372.651 euros. Xunto á alcaldesa María José Gómez, subdelegada
puido comprobar a pegada que están a deixar estes fondos,
“especialmente para Guntín, concello integrado no Reto
Demográfico”, co fin de que os territorios de menos de 5.000
habitantes “teñan máis acceso a servizos e recursos”.
En
termos máis concretos, Rodríguez verificou os proxectos que levou a
cabo o IDAE nos últimos anos a través do programa DUS5000, no que
se renovaron as instalacións da iluminación exterior nas parroquias
de San Cibrao de Monte de Meda, San Román da Retorta, Santa Cruz da
Retorta, Vilamea, Zolle, Chao do Monte, Francos, Leboriz, Mougán,
Outeiro, Piñeiras, Santoalla, Berlai, Corredoira, achegando 287.646
euros. O programa, xestionado polo Ministerio para a Transición
Ecolóxica, promove actuacións de eficiencia enerxética nas
distintas localidades da provincia.
Xunto
ao programa DUS5000, Guntín tamén conta con 86.004 euros do Plan
ÚNICO – Banda Larga, co que se pretende a despregadura de Internet
de alta velocidade a 100 Mbps para todos os habitantes do termo
municipal. O plan valora dar acceso a Internet con esta velocidade a
3.080 fogares e empresas marcando “un novo fito para levar este
servizo indispensábel a zonas que axudarán a fixar poboación,
freando o despoboamento”.