O Goberno achegará a banda larga a medio milleiro de vivendas en Vilasantar

mércores, 22 de maio do 2024 S. P.

A subdelegada do Goberno na Coruña, María Rivas, realizou este 22 de maio unha visita institucional ao concello coruñés da Vilasantar, onde mantivo un encontro co seu alcalde, Fernando Pérez e membros da Corporación municipal e onde tiveron ocasión de repasar os investimentos do Goberno de España neste concello a través de proxectos de eficiencia enerxética ou cobertura de fibra óptica.
María Rivas quixo poñer en valor os fondos achegados a través do IDAE para a mellora da eficiencia enerxética e aforro no alumeado público do concello e o programa DUS5000 a través do Plan de Recuperación do Goberno. Ambas axudas teñen un importe de 195.657,29 euros e de 315.000 euros, respectivamente “que suporán unha mellora na iluminación do municipio e un importante aforro económico nas contas municipais”.
Outros dos temas repasados tivo que ver coa extensión do programa de banda larga no concello a través do Plan ÚNICO e que actualmente está en execución. Así o plan ten previsto achegar a fibra a 497 vivendas das que xa contan con instalación 321, sendo o nivel de execución é do 64,58% E canto ao Único 2023, están adxudicadas 56 instalacións en vivendas das que se levan acometidas 22, chegando ao 39,28%.