O Goberno de Ames reúnese cos coworkers do espazo colaborativo A Proa para realizar proxectos comúns
martes, 28 de novembro do 2023
O
alcalde
de Ames, Blas GarcÃa, e mailo resto de concelleiros e concelleiras
do grupo de Goberno mantiveron unha xuntanza no espazo colaborativo A
Proa coas persoas que desenvolven diferentes proxectos nestas
instalacións municipais. O obxectivo de dito encontro foi ter
unha primeira toma de contacto para poder colaborar e realizar
proxectos comúns a través do banco de horas.
O
espazo colaborativo A Proa conta con 36 postos, dos cales na
actualidade hai 19 ocupados con 14 proxectos diferentes sobre
mercadotecnia dixital, produción audiovisual, educación,
arquitectura, economÃa circular, comercio internacional, medio
ambiente, etc.
As
empresas instaladas na actualidade son 14: Impulsa Dixital, IndÃgena
Films, Palabra Reparadora, Marxe e Territorios Latentes, Aquelando
SL, Angel Marcelino Costa, Hub of English, Serea Film, Temporit,
Leiloio Internacional, Eco-Huella, Andrea Ferreti Moncau, Rosa
Taboada, de Martela Films, e Fernando RodrÃguez.
Para
que os/as coworkers coñezan aos responsábeis das distintas
áreas municipais, realizouse unha xuntanza na que se estableceu unha
primeira toma de contacto entre as persoas que ocupan un posto de
traballo na Proa e os membros do Goberno. Dese xeito, os/as coworkers
puideron coñecer ao alcalde e concelleiros/as e estes últimos
coñeceron os proxectos que realizan os propios coworkers.
Trala
xuntanza, a comunidade de usuarias e usuarios de A Proa quedaron en
enviar unha proposta de proxectos que realizarán para o Concello de
Ames. Este proxectos faranos con cargo ao banco de horas que teñen
asignado. No momento no que realicen a solicitude para ocupar un
posto no espazo colaborativo A Proa comprométense a realizar unha
serie de horas en beneficio do Concello de Ames e achegar outras
horas de traballo para desenvolver proxectos en común co resto de
coworkers.