O Goberno de EE.UU. mercará o 9,9 % de Intel
venres, 22 de agosto do 2025
O Goberno dos Estados Unidos investirá 8.900 millóns de dólares en accións ordinarias de Intel, nun movemento que busca acelerar a expansión da industria estadounidense de semiconductores e consolidar a súa cadea de subministración.
Segundo informou a compañÃa con sede en Santa Clara (California), a operación combinará 5.700 millóns en subvencións aÃnda non desembolsadas no marco da Lei CHIPS e da Ciencia, con 3.200 millóns adicionais concedidos a través do programa Secure Enclave. En conxunto, o investimento público directo en Intel elévase a 11.100 millóns de dólares, incluÃndo os 2.200 millóns recibidos con anterioridade.
O acordo contempla a adquisición por parte do Goberno de 433,3 millóns de accións a un prezo de 20,47 dólares, o que representa un 9,9 % do capital da empresa. A participación será de carácter pasivo, sen representación no Consello de Administración, aÃnda que o Executivo comprométese a votar de acordo co órgano directivo en asuntos clave. Ademais, Washington recibirá unha opción de compra de cinco anos sobre un 5 % adicional do capital, activable só no caso de que Intel deixe de controlar máis do 51 % do seu negocio de fundición.
Con este acordo, a Administración Trump consolida a súa estratexia de garantir a autonomÃa tecnolóxica dos Estados Unidos, reducindo a dependencia exterior nun sector considerado crÃtico para a economÃa e a defensa nacional.
