O Goberno desenvolveu este ano 127 actividades sobre ciberseguridade nos centros educativos de Ourense
luns, 12 de maio do 2025
O subdelegado do Goberno en Ourense, Eladio Santos, fixo balance dos fitos acadados na provincia polo Plan Director para a Convivencia e Mellora da Seguridade nos Centros Educativos e a súa Contorna, que contou con 7.186 participantes no primeiro trimestre de 2025.
Eladio Santos presidiu a reunión de análise do programa, cuxo nivel de participación incrementouse nos centros educativos un 50% respecto do primeiro trimestre do curso anterior. En total, rexistráronse 7.186 participantes (6.754 alumnos, 246 familias e 186 docentes).
O número de centros que solicitou charlas nos tres primeiros meses do curso foi de 74. No total do ano 2024 foron 147 centros, o 85% das escolas da provincia. Acolleron durante ese exercicio 689 charlas, con diversas temáticas: ciberseguridade (127); adiccións (96), violencia sobre a muller (153) e acoso e ciberacoso escolar (322). Tamén se fixeron o ano pasado 63 actividades complementarias e 171 clasificadas noutras actividades.
Respecto ao primeiro trimestre deste curso 2024-25, a Policía Nacional e a Garda Civil impartiron 214 conferencias, das que 70 foron de ciberseguridade; 53, de ciberacoso; 31 de adiccións; 25 de violencia sobre a muller; 5 de prevención de delitos sexuais; unha de trata de seres humanos; 4 de delitos de odio; 5 de protección de datos; 7 de medio ambiente; 5 de seguridade viaria, e 8 de orientación profesional.
O subdelegado do Gobierno felicitou ás Forzas e Corpos de Seguridade do Estado e a todos os servizos implicados por levar a seguridade, a conciencia e a prevención dos perigos aos centros educativos de toda a provincia. O reto actual do Plan Director, sinalou o subdelegado, “é chegar ás familias, pois é esencial que os pais e nais participen tamén nestas conferencias para coñecer os perigos aos que se enfrontan os seus fillos e fillas”.
