O Goberno fortalece a transformación dixital da Xustiza de Galicia cunha transferencia de máis de 10 millóns

luns, 1 de agosto do 2022 S. P.

O Goberno central transferiu 10 millóns de euros á Xunta para a transformación dixital da Xustiza en Galicia. Así o fixo saber a semana pasada o delegado do Goberno en Galicia, José Miñones. Tamén remarcou a “aposta decidida” do Executivo central por facilitar o avance na transformación tecnolóxica deste ámbito coa aprobación do Proxecto de Lei de Eficiencia Dixital do Servizo Público de Xustiza, “un paso moi importante para regular os servizos dixitais da Xustiza e facelos máis accesíbeis aos cidadáns”.
Concretamente, o delegado do Goberno explicou que Galicia recibirá 9.673.703 euros en 2022 e 1.074.856 euros en 2023 para desenvolver proxectos do Plan Xustiza 2030, “que servirá para avanzar cara a unha tutela xudicial efectiva e unha xustiza modernizada para achegala á cidadanía, máis eficiente, próxima e accesíbel”.

PUBLICIDADE