O Goberno galego equipará con sistemas de vídeo-conferencias todos os xulgados da nosa terra

venres, 8 de maio do 2020 S. P.

Coincidindo cunha tendencia xeral a incrementar as ferramentas que permiten o teletraballo en todos os ámbitos, tendencia incrementada coa crise sanitaria, o Goberno galego anunciou que vai equipar con sistemas de vídeo-conferencia toda a rede de xulgados da nosa terra. A nova foi achegada este venres 8 de maio polo vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, acompañado polo director xeral de Xustiza, Juan José Martín, durante o transcurso dunha vídeo-conferencia co ministro de Xustiza, Juan Carlos Campo e representantes de Xustiza das Comunidades Autónomas.
O Goberno galego está elaborando un protocolo para a celebración telemática das vistas que será validado por un grupo de traballo constituído por xuíces dependentes a vindeira semana. Así, xa foron identificadas do total das 160 salas de vista existentes as que xa están preparadas para a celebración dixital de las vistas. Xa estarían en disposición 80 delas para que poidan levar a cabo as vistas telemáticas una vez pechado o protocolo de actuación. Para as restantes porase en marcha una contratación por vía de urxencia para completar aa dotación tecnolóxica.
Rueda indicou que está programado reactivar a implantación da sinatura electrónica nos 60 órganos nos que estaba pendente de completarse o proceso, “sempre a través de procesos de formación telemática de los profesionais e coa coordinación da sala de goberno do TSXG”, informou, engadindo que durante este mes de maio, instalaranse salas dixitais na sala de xurado de Vigo e na de Pontevedra.
Tamén lembrou que a día de hoxe 286 funcionarios de Xustiza teñen acceso ao escrito remoto e ao teletraballo, o que supón, “sumando a totalidade dos xuíces, fiscais e letrados da Administración de Xustiza”, que 780 profesionais da Administración de xustiza en Galicia estean desenvolvendo o seu labor a distancia, o 30% de todos os traballadores xudiciais.

PUBLICIDADE