O Goberno impulsa a transformación de máis de 27.000 empresas galegas a través do Kit Dixital
venres, 9 de agosto do 2024
A Delegación do Goberno en Galicia fixo balance do acadado no tecido produtivo, en materia de transformación tecnolóxica, a través do programa Kit Dixital, financiado polo Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, que xa mobilizou en Galicia máis de 3.391 millóns de euros. A Delegación destacou o avance da iniciativa, que xa conta con 27.282 beneficiarios en Galicia, que recibiron en total 111,7 millóns de euros.
O delegado Pedro Blanco lembrou que as empresas que o desexen están aÃnda a tempo de solicitar as súas subvencións, pois o prazo foi estendido ata o 31 de decembro. Deste xeito, as empresas de menos de 50 traballadores abriron xa neste momento o proceso de incorporación ás axudas. Por tramos, as firmas de entre 0 e 3 empregados poderán recibir ata 3.000 euros, as que teñen entre 3 e 10 terán ao seu dispor ata 6.000 euros e as que superan o 10 pero non os 50, 12.000 euros.
Ademais, dentro do segmento de entre 0 e 3 traballadores, creouse este mes de maio a solución posto de traballo seguro, cunha contÃa máxima subvencionábel de 1.000 euros para financiar a compra de computadores portátiles ou de sobremesa cunha serie de requirimentos que garantan a seguridade e privacidade dos datos almacenados no mesmo. Tendo en conta outros tramos, o Goberno salienta que no último trimestre deste ano está previsto que se abran os perÃodos de solicitude para os dous correspondentes ás empresas máis grandes, de entre 50 e 100 empregados e de entre 100 e 250. Respectivamente, poderán optar a subvencións de entre 25.000 e 29.000 euros.
O Kit Dixital é unha iniciativa de Red.es, entidade adscrita ao Ministerio para a Transformación Dixital e da Función Pública, que se enmarca na Axenda España Dixital 2026 e no Plan de Dixitalización de Pemes 2021-2025. Está financiada con cargo ao Plan de Recuperación do Goberno, que xa mobilizou en Galicia máis de 3.391 millóns de euros e chegou a 36.876 entidades.