O Goberno levará Internet de alta velocidade a 55.773 domicilios e empresas de Ourense
martes, 31 de xaneiro do 2023
O
Goberno debullou este luns 30 de xaneiro a súa folla de ruta para
dotar de conectividade de Internet ultrarrápida as zonas brancas da
provincia de Ourense. Os datos foron achegados polo subdelegado do
Goberno, Emilio González, quen acudiu a Allariz acompañado do xefe
de Inspección de Telecomunicacións da provincia, Enrique Sanmartín,
para coñecer as instalacións do proxecto cultural A
Casa Vella, en Amiadoso, e máis o impacto das políticas de
dixitalización do Goberno nos concellos do rural e no sector
turístico, a través do Programa Único-Banda Larga. (Plan de
Recuperación, Transformación e Resiliencia). Segundo
fixeron saber, este plan levará Internet de alta velocidade a 55.773
domicilios e empresas da provincia. Empregaranse para este
obxectivo 20,7 millóns de euros.
Visita
a Allariz
González
e Sanmartín tiveron a oportunidade de coñecer as instalacións da
Casa Vella da man dos seus fundadores, Nuria Sotelo e Rubén
Vilanova, onde comprobaron a incorporación da tecnoloxía e da
conectividade dixital nas distintas áreas e as iniciativas dos seus
residentes para dar a coñecer o seu negocio de emprendemento botando
man das posibilidades que abre a fibra óptica avanzada.
Emilio
González destacou a importancia de implantación deste programa de
banda larga para a superación de reto demográfico e “evitar o
desarraigamento do rural nunha provincia como a de Ourense”.
A
Casa Vella beneficiouse do programa PEBA do Goberno para a
conectividade, o que posibilitou a dotación de Internet a este
proxecto cultural que ten como clave a dinamización do rural, o que
resultou clave para a consolidación do negocio que lles permite
realizar difusión a través de canles web e atraer residentes do
estranxeiro. Actualmente, A Casa Vella, tamén participa nun programa
do IGAPE e IberEscena con financiamento con Fondos do Plan de
Recuperación, Transformación e Resiliencia para “ampliar e
diversificar a oferta cultural en áreas non urbanas” e atraer
talento de Latinoamérica á dinamización da zona.
No
Concello de Allariz, o Programa Único-Banda Larga contempla a
extensión da conectividade a 381 vivendas e empresas situadas en 78
zonas que hoxe non teñen este servizo.