O Goberno levará a banda larga a 88 fogares e negocios de Dodro que carecÃan deste servizo
martes, 2 de xaneiro do 2024
O delegado
do Goberno en Galicia, Pedro Branco, visitou este martes 2 de xaneiro
o Concello de Dodro, onde mantivo un encontro o alcalde Xabier
Castro, co obxectivo de analizar os proxectos impulsados polo
Executivo local con fondos e recursos estatais. Tamén tivo ocasión
de avaliar rexedor as posibles vÃas de colaboración do Goberno de
España para continuar coa mellora dos servizos públicos.
No transcurso da reunión, o delegado
supervisou a mellora da iluminación pública municipal (máis
sustentábel e eficiente) ou a intervención de Costas para
restablecer os ecosistemas e os espazos degradados nas brañas a
carón do Ulla, unha intervención que permitiu retirar as árbores
inestábeis ou enfermas e eliminar as especies alóctonas e invasoras
ao longo dunha franxa costeira de máis de 6 quilómetros neste
espazo de especial valor ecolóxico.
Estas iniciativas súmanse ao proxecto para
completar a extensión da banda larga no concello no marco do
Programa Único do Goberno central, que vai permitir levar a conexión
de Internet de altas prestacións a 88 familias e empresas que ata
agora carecÃan deste servizo.