O Goberno pon facilidades ao despregamento da 5G

venres, 7 de maio do 2021 Marcus Fernández

A vicepresidenta segundo e ministra de Asuntos Económicos e Transformación Dixital, Nadia Calviño, presentou o itinerario coas medidas para incentivar o despregamento de redes e servizos 5G. O Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia prevé un investimento de 4.000 millóns de euros até 2023 para impulsar a conectividade, a 5G e a ciberseguridade.
Especificamente para a 5G prevese un investimento público de 2.000 millóns de euros até 2025 para impulsar o despregamento, con especial atención ás zonas rurais, e fomentar a I+D+i, tanto para a realización de pilotos innovadores e proxecto que contribúan a dotar de conectividade 5G os grandes motores socio-económicos como para xerar capacidades para o desenvolvemento futuro da 5G.
Os novos plans do Goberno tamén recollen a optimización das bandas de frecuencias de espectro asignadas a través da reordenación da banda de 3,5 GHz, e tamén prevese modificar o Cadro Nacional de Atribución de Frecuencias para incorporar as condicións técnicas harmonizadas, válidas para 5G, de cada unha das bandas de frecuencia harmonizadas en Europa para os servizos de comunicacións electrónicas.
Pero o máis importante sería a modificación dalgunhas das condicións para a licitación da banda dos 700 MHz, unha da bandas prioritarias para a 5G, cuxo texto preliminar sacouse a consulta pública en xaneiro, e que agora suprime as obrigas maioristas consideradas inicialmente e amplíase a duración das concesións de espectro radioeléctrico a un mínimo de 20 anos (que poden chegar aos 40), o que garante que poida recuperarse o investimento nestas tecnoloxías.
Confíase en que a poxa polas frecuencias de 5G na banda dos 700 MHz ábrase este mesmo mes, e xa están a traballar na liberación da banda milimétrica de 26 GHz (mmWave), que será moi importante para o futuro da 5G, e confían e poder asignar aos operadores antes de rematar o ano.

PUBLICIDADE