O Google Pixel 3 destaca no apartado fotográfico grazas ao software
martes, 9 de outubro do 2018
O evento de presentación dos novos móbiles de Google foi
como era de esperar, e finalmente temos oficialmente os novos Google Pixel 3 e Google Pixel 3
XL, que poden reservarse dende hoxe e que enviaranse dentro de 3-4 semanas
aos seus compradores partindo dun prezo de 849 euros (para o modelo con 64 GB
de almacenamento). O Google Pixel 3 con 128 GB de capacidade custará 949 euros,
mentres que o Google Pixel 3 XL custará 949 e 1.049 euros para as versións con
64 e 128 GB de capacidade respectivamente. Aparte das capacidades, os móbiles
tamén venderanse en carcasas de distintas cores (negro, branco e case rosa). Poderá
mercarse na tenda en liña de Google ou a través de Orange.
Estes novos smartphones son bastante continuistas con respecto á anterior xeración,
de xeito que volven destacar pola calidade da súa cámara traseira, que sen ter
que incorporar un obxectivo dual consegue un dos mellores resultados do mercado
incluso ao aplicar o desenfoque de fondo.
A cámara do Pixel 3 volve centrar as súas melloras no software, o que supón que
continuará a mellorar nos vindeiros meses (como aconteceu co seu predecesor),
permitindo que poidamos empregar funcións como Mellor Toma, que emprega a intelixencia artificial para procurar
seleccionar o momento no que as persoas que vaiamos retratar teñan os ollos
abertos e estean mirando a cámara (á vez que tamén captura alternativamente as
fotos en calidade HDR+, de xeito que se a captura non foi perfecta, a cámara
suxerirá unha mellor antes de gardala); mellora o zoom da cámara; con pouca
iluminación é capaz de capturar imaxes cun aspecto natural (sen ter que
utilizar o flash); a nova función Selfie
de Grupo ofrece un 184% máis de espazo nas instantáneas para que saian o
maior número de amigos posible sen utilizar pau de selfie; no modo Fotomatón podemos capturar fotografÃas de xeito
automático, de xeito que non haberá que premer o disparador, xa que o móbil
detectará cando esteamos a sorrir ou teñamos unha expresión divertida para rexistrala;
no modo Retrato poderemos non só mudar o desenfoque do fondo, senón tamén
elixir os elementos que queremos que estean enfocados e incluso poder destacar
un suxeito en cor poñendo o fondo en branco e negro; o modo Playground
permitirá disparar fotografÃas e gravar vÃdeos inserindo elementos divertidos
entre os que destacan personaxes do universo cinematográfico da Marvel; e incluso
o vÃdeo tamén mellora cun Autoenfoque en Movemento realmente áxil, que mantén
sempre enfocado un elemento que non pare de moverse e mesmo aplicará
estabilización cando gravemos un selfie
de vÃdeo mentres camiñamos.
Como vén a ser habitual na gama Pixel, quen compre un Pixel 3 terá almacenamento
de balde e ilimitado de fotografÃas e vÃdeo na súa resolución orixinal el
Google Photos. Outro servizo incluÃdo será YouTube Music Premium, que será de
balde durante 6 meses para compras realizadas antes do remate do ano.
Nos vindeiros meses tamén se activará a función Smart Compose de Gmail en
español, que suxerirá frases para axilizar a escritura de correos electrónicos
dende o móbil, mentres que o teclado Gboard tamén recomendarÃa imaxes GIF,
adhesivos e outros elementos para facer máis divertidas as conversas.
O Pixel 3 tamén incorpora Benestar Dixital, un conxunto de ferramentas creadas
para facer un uso moderado da tecnoloxÃa, de xeito que nun panel de control
poderemos coñecer o tempo que pasamos co teléfono, podendo establecer lÃmites
de tempo a aplicacións especÃficas, asà como contar cun modo Descanso que
axudará a durmir pola noite, atenuando suavemente a pantalla antes da hora de
deitarnos.
Outra novidade moi interesante é que o Pixel 3 inclúe na caixa un cargador
rápido de 18 watts, que permite achegará carga 7 horas de uso en só 15 minutos.
Amais, os novos móbiles tamén son compatibles con carga por indución co
estándar Qi, para o que tamén poñen á venda un interesante Pixel Stand, soporte que
custa 79 euros e que durante a carga transforma o smartphone nunha ferramenta
de grande utilidade, xa que pasa a comportarse dun xeito semellante a un Google
Home, ou sexa, que activa o Asistente de Google para que podamos darlle ordes
coa voz. Deste xeito o teléfono pode facer de marco de fotos, de reprodutor musical
ou de reloxo espertador, o que consegue dun xeito bastante natural, xa que 15
minutos antes das alarmas iluminará a súa pantalla e irá reproducindo as cores
dun amencer.
Google asegura que coa incorporación do chip Titan M o Pixel 3 é o smartphone
máis seguro até hoxe, xa que inclúe cifrado de disco, protección de datos de
aplicacións e garante a integridade do código do sistema operativo.
Aparte do mencionado cargador rápido, o Pixel 3 tamén inclúe uns auriculares USB-C
de calidade (que facilitan o uso do Asistente de Google e incluso a tradución automática en máis de 40 idiomas) e un adaptador de USB-C a 3,5 milÃmetros para suplir a ausencia de
jack para auriculares.
Sobre a diferenza entre modelos, o Pixel 3 ten unha pantalla OLED Full HD+ de
5,5 polgadas, mentres que o Pixel 3 XL conta cunha pantalla OLED QHD+ de 6,3
polgadas cunha pronunciada pestana superior, de xeito que a elección entre un
ou outro terminal deberá basearse na preferencia do tamaño de pantalla. Ambos
modelos veñen equipados cun procesador Qualcomm Snapdragon 845, 4 GB de RAM,
cámara traseira de 12,2 MpÃxeles con apertura f/1.8, cámara frontal dual de 8
MpÃxeles (con campos de visión de 107 e 75 graos), Wi-Fi AC, Bluetooth 5.0 e
NFC.
VÃdeo de presentación do Google Pixel 3