O Google Pixel Watch 2 sairá á venda en España
mércores, 4 de outubro do 2023
Aparte
dos novos
smartphones de Google, hoxe tamén se presentou o novo smartwatch da
compañÃa, o Google
Pixel Watch 2, que inclúe interesantes melloras con respecto ao modelo anterior,
aÃnda que no caso español o realmente importante é que finalmente o novo reloxo
venderase oficialmente no noso territorio a partir do vindeiro dÃa 12 a un
prezo de 399 euros.
O Pixel Watch 2 presenta unha esfera de vidro cunha caixa de aluminio que
reduce o seu peso un 10% con respecto ao modelo anterior, buscando asà que resulte
especialmente máis cómodo durante o sono (pois o control da saúde e a medición
da actividade é un dos puntos fortes deste dispositivo), aÃnda que cómpre destacar
que a súa autonomÃa é de só 24 horas (podendo recargarse a súa baterÃa até o 50%
en 30 minutos grazas ás melloras da súa carga rápida).
Google asegura que esta revisión do seu reloxo mellora até un 40% o rexistro de
actividades vigorosas como o adestramento HIIT, o spinning ou o remo, á vez que
tamén ofrece outras métricas de saúde importantes como calorÃas queimadas, minutos
en zona activa, nivel de recuperación diario e calidade do sono.
O novo reloxo integra un sensor de actividade electrodérmica continua (cEDA)
que permite incorporar indicadores de resposta corporal, de xeito que pódense
chegar a identificar signos potenciais de estrés, para o que tamén se analizan
datos como a frecuencia e a variabilidade cardÃaca e a temperatura da pel (de
feito, o sensor de temperatura da pel tamén é crucial para analizar a calidade
do sono).
Para a práctica deportiva o Pixel Watch 2 integra numerosas funcións de Fitbit,
compañÃa de pulseiras de actividade adquirida por Google, de xeito que estamos ante
un dos reloxos conectados que ofrecen unha información máis práctica de cara á
práctica de exercicio.
O reloxo tamén inclúe novas funcións de seguridade como información médica,
aviso de emerxencia e comprobación de seguridade, que se engaden ás xa
presentes detección de caÃda e emerxencia SOS.
Cómpre lembrar que o Pixel Watch 2 funciona con Wear OS 4, polo que conta con
notificacións intelixentes, conta con facilidades para iniciar chamadas e
mensaxes e, como posibilidades máis prácticas para o usuario medio, temos que
certas aplicacións pasan a poder funcionar directamente no reloxo, como Gmail,
o calendario ou WhatsApp, sendo especialmente importante esta última
aplicación, xa que agora non se limite a reaccionar a notificacións, senón que
podemos entrar en todo o historial de conversas, iniciar unha conversa ou
chamada e incluso enviar e recibir mensaxes de voz directamente dende o reloxo.
VÃdeo promocional do Pixel Watch 2