O Gorillapod Magnetic para cámaras compactas

venres, 19 de febreiro do 2010 Marcus Fernández

Os afeccionados á fotografía dixital coñecen dende hai tempo o Gorillapod, unha especie de trípode con patas flexibles que fai doado o seu uso sobre superficies tan irregulares como a pola dunha árbore, e que vén de renovarse dunha revisión que inclúe imáns nos seus pés, de xeito que facilita a súa adhesión a superficies metálicas (coma os coches), de xeito que gaña versatilidade de cara á captación de imaxes en lugares insospeitados.
O Gorillapod Magnetic é capaz de aguantar cámaras de ata 325 gramos, pesa 45,3 gramos e mide 15 x 3 x 3 centímetros. Está á venda por 24,95 euros, ou sexa, 5 euros máis caro que a versión estándar do Gorilla Pod.

PUBLICIDADE