O Grupo MásMóvil chega aos 8 millóns de clientes

venres, 8 de febreiro do 2019 Marcus Fernández

O Grupo MásMóvil está a realizar grandes investimentos para medrar como operador, de xeito que actualmente xa é a cuarta compañía de telecomunicacións do mercado español, e vén de superar un grande fito ao chegar aos 8 millóns de clientes en España, dos que 7 millóns corresponderían a liñas móbiles e o millón restante a liñas de banda larga.
A mediados de 2016 o Grupo MásMóvil mercou Yoigo e Pepephone, conseguindo sumar 4,3 millóns de clientes, polo que o feito de que en só dous anos e medio case dobrasen a súa base de clientes supón un crecemento impresionante, especialmente ao longo de 2018, ano no que conseguiron sumar preto de 2 millóns de liñas móbiles.
MásMóvil está a conseguir liderar o crecemento do mercado español de empresas e residencial, tanto en fixo como en móbil, grazas ao bo comportamento das súas marcas actuais (Yoigo, MásMóvil, Pepephone, Llamaya e Lebara).

PUBLICIDADE