O Grupo Nueva Pescanova promove PremIA, unha idea que emprega IA na produción
venres, 24 de outubro do 2025
Mellorar a produción de peixe, marisco e derivados empregando un novo sistema de predicións baseado en Intelixencia Artificial (IA) é a nova achega do Grupo Nueva Pescanova, unha innovación tecnolóxica para o sector mariño que chega baixo o nome de PremIA.
Sinalar que esta idea, arestora en fase de probas e que comezará a aplicarse en xaneiro do vindeiro ano, nace coa vontade de optimizar recursos, reducir incertezas e impulsar a sostibilidade nun eido fundamental para a economÃa e a alimentación. Estamos a falar de PremIA, que ten como finalidade deseñar e aplicar unha ferramenta quen de analizar grandes volumes de información, detectar patróns ocultos e xerar modelos estatÃsticos que permitan prognosticar o comportamento futuro da produción. A súa aplicación permitirá anticipar tempos, rendementos e necesidades, facilitando a toma de decisións estratéxicas fundamentadas en datos fiables.
Indo a PremIA, subliñar que ten un dobre obxectivo: por unha banda, predicir a vida útil do langostino cocido mediante algoritmos avanzados de IA, mellorando o control de calidade, reducindo o desperdicio alimentario e garantindo a seguridade dun produto de alto valor comercial. Por outra, implantar a IA na produción de surimi para maximizar a eficiencia e optimizar o seu valor nutricional, textura e sabor.
Para rematar engadir que o proxecto PremIA enmárcase no programa IG408M- IA 360 de axudas para o desenvolvemento tecnolóxico e a innovación mediante IA do IGAPE, contando coa colaboración económica dos fondos Next Generation da Unión Europea e do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia do Goberno de España.
