O HP Spectre presume de ser o portátil máis delgado do mundo
martes, 5 de abril do 2016
HP
presentou hoxe o que asegura que é o ordenador portátil máis delgado do mundo
(matizando que fala de equipos con Windows ou OS X con prezos maiores de 400
dólares), o HP Spectre, que moitos xa ben como a resposta de HP ao MacBook de
Apple, equipo ao que consegue superar en bastantes aspectos, de xeito que
converterÃase no portátil ao que aspirar polo seu equilibrio entre
portabilidade, potencia e deseño.
O HP Spectre é un equipo resistente, cunha base de fibra de carbono que
permÃtelle conservar un peso contido (1,11 quilogramos), o seu grosor é de só
10,4 milÃmetros (equivalente a unha baterÃa AAA), pantalla IPS Full HD de 13,3
polgadas con protección Corning Gorilla, procesador Intel Core i5 ou I7 de
sexta xeración con até 8 GB de RAM e 512 GB de SSD (PCIe), refrixeración
hiperbárica de Intel, altofalantes Bang & Olufsen con tecnoloxÃa HP Audio
Boost, 3 conectores USB-C (dos que 2 soportan Thunderbolt para conectar
dispositivos de alta velocidade, evitando asà o grande problema do MacBook, que
ao estar equipado precisa de complexos adaptadores de precisar conectar algo ao
portátil mentres estea conectado a corrente), unha baterÃa innovadora dividida
en dúas partes que consegue unha autonomÃa de até 9 horas e media, unha bisagra
con pistón oculto (que dá a impresión de que carece de bisagra, dándolle unha
aparencia moi delgada) e un acabado con toques brillantes pulidos a man que dan
a entender que estamos ante un produto de auténtico luxo.
O HP Spectre está previsto que inicie as súas reservas nos EE.UU. o vindeiro 25
de abril cun prezo de saÃda de 1.169,99 dólares (con procesador Core i5, 8 GB
de RAM e 256 GB de SSD), chegando a tendas fÃsicas o 22 de maio a un prezo de
1.249,99 dólares (con procesador Core i7, 8 GB de RAM e 256 GB de SSD) e esperándose
que en xuño estea dispoñible en España a un prezo que partirÃa dos 1.499 euros.
- O novo portátil tamén serve para estrear o novo logotipo de HP
- As teclas do HP Spectre teñen un percorrido de só 1,3 milÃmetros
- O portátil está equipado con tres portos USB-C
- O HP Spectre busca usar un dos seus portos USB-C para a carga do equipo e os outros dous para ampliar a súa conectividade