O HP TouchPad xa pode adquirirse no Reino Unido
luns, 18 de xullo do 2011
Este
mes comezou co agardado tablet HP TouchPad á venda nos EE.UU., e aÃnda que en España teñamos
que agardar ata setembro para poder facernos con un a prezos de 479 e 579
euros para os modelos con 16 e 32 Gb de almacenamento respectivamente, os máis
impacientes xa poden optar por facerse con el no Reino Unido, onde o
dispositivo con webOS vén
de pórse á venda por 399 e 479 libras esterlinas respectivamente (uns
prezos só lixeiramente máis económicos que en España).
O HP
TouchPad presenta unha aparencia externa moi semellante ao do iPad, co que
comparte bastantes caracterÃsticas técnicas, estando a principal diferenza
entre os dispositivos no software, destacando HP que o seu produto goza de
multitarefa real, soporte de Adobe Flash e a posibilidade de imprimir sen fÃos
con multitude de impresoras HP compatibles.