O HTC Bliss poderÃa ser o primeiro móbil con Android pensado para mulleres
martes, 10 de maio do 2011
- O charm indicator pode facilitar non perder unha chamada ou mensaxe mentres o móbil está dentro do bolso
Están
a xurdir rumores sobre o
móbil HTC Bliss, que chegarÃa en breve ao mercado norteamericano da man de
Verizon, e que serÃa o primeiro terminal con Android enfocado a un público
feminino, de aà que conte cunha carcasa de ton verde que pretende transmitir
unha sensación de calma, un recubrimento de goma para facilitar o agarre, un
cargador sen fÃos con altofalantes ou un auricular Bluetooth e un charm
indicator (unha pequena figura cúbica que poderÃa levarse colgada do
bolso e que se iluminarÃa ao recibir unha mensaxe de texto ou chamada) e software
precargado como un comparador de prezos en liña ou un contador de calorÃas, asÃ
como un bo número de fondos de pantalla.
Non parece que esteamos ante un terminal con innovacións tecnolóxicas, pero o
certo é que o sexismo na electrónica
de consumo parece funcionar ben comercialmente, polo que dá a impresión de que
o HTC Bliss será unha realidade en breve (aÃnda que o seu nome poida diferir en
distintos mercados).
- Imaxe conceptual do que poderÃa ser o HTC Bliss