O HTC Explorer preséntase como un smartphone económico
xoves, 29 de setembro do 2011
HTC
presentou un novo terminal Android 2.3.5 que busca ser un dos smartphones máis asumibles do mercado, o
HTC Explorer, que cunha pantalla táctil de 3,2 polgadas cunha resolución de
320 x 480 pÃxeles e cámara de 3 MpÃxeles permite ofrecer as prestacións propias
dun teléfono intelixente, sen ter un
prezo elevado, á vez que fai moi agradable a experiencia de uso grazas á
interface HTC Sense 3.5, que incluso permite situar distinta información
importante na súa pantalla de bloqueo (como actualizacións das redes sociais,
fotografÃas, información meteorolóxica...) e mesmo un atallo para acceder á
cámara do móbil dun xeito áxil. Tamén conta cun Smart Dialer, un novo marcador telefónica para poder chamar dun
xeito doado aos nosos contactos.
O terminal funciona cun procesador a 600 MHz e 512 Mb de memoria interna. O seu
lanzamento agárdase para o último trimestre do ano en distintas cores (un par
de tons de negro e un ton de azul mariño) e incluso con carcasas traseiras
opcionais (en azul, laranxa, branco e púrpura).