O HTC Holiday poderÃa ser un móbil con Android e pantalla de 4,5 polgadas
martes, 16 de agosto do 2011
¿Ata qué tamaño
poden chegar os teléfonos móbiles son pasar a converterse en MID? Parece que
non está nada claro, e para levar a definición de smartphone ao lÃmite filtrouse
no foro de XDA Developers unha imaxe do terminal HTC Holiday, que aparte de
gozar dun procesador de dobre núcleo a 1,2 GHz, 1 Gb de RAM, cámaras de 8 e 1,3
MpÃxeles e sistema operativo Android 2.3.4, sorprende pola súa pantalla de 4,5
polgadas cunha resolución de 960 x 540 pÃxeles, o que parece
extraordinariamente grande para un móbil que poidamos levar comodamente no
peto, aÃnda que usuarios afeitos a portar teléfonos con pantallas de 4,2
polgadas posiblemente non verán ningunha pega nas 0,3 polgadas adicionais do
terminal que aÃnda non ten data de saÃda.