O HTC One A9 chegará con Android 6.0 e carcasa metálica

martes, 20 de outubro do 2015 Marcus Fernández

O HTC One A9 confórmase cunha pantalla de 5 polgadas en vez de apostar polos enormes tamaños tan habituais nos últimos meses

HTC estrea o sistema operativo Android 6.0 Marshmallow co seu novo terminal HTC One A9, un novo smartphone de gama media-alta que presenta una aparencia delgada e coidada, cunha innegable semellanza aos iPhone 6 e 6 Plus, pero quedando nun punto intermedio no que a tamaño se refire, xa que este teléfono confórmase cunha pantalla Full HD de 5 polgadas (que conta con protección Corning Gorilla Glass 4).

Android 6.0 é un dos grandes atractivos do HTC One A9

Este novo teléfono venderase en varias cores rechamantes, e aínda que busque destacar polo seu deseño elegante, hai outros factores que poden resultar máis interesantes para certos usuarios, como que a súa capacidade interna poida ampliarse mediante tarxetas microSD de até 2 TB (algo que non fan moitos terminais de alta gama), que a súa cámara traseira de 13 Mpíxeles conta con estabilización óptica de imaxe (mentres que a súa cámara frontal tira proveito da tecnoloxía UltraPíxel), que integra a función Hyperlapse (para gravar vídeos acelerados que non resulten incómodos de ver), que ofrece un nivel de reprodución musical notable (con Dolby Audio Surround) e tecnoloxía de carga rápida de Qualcomm (aínda que a súa batería confórmase con só 2.150 mAh).

O smartphone incluso conta con lector de pegadas dixitais pensando na realización de pagamentos seguros dende o móbil

Este atractivo smartphone 4G funciona cun procesador Qualcomm Snapdragon 617 de 8 núcleos e 64 bits, está equipado con 2/3 GB de RAM e 16/32 GB de almacenamento interno e inclúe conectividade Bluetooth 4.1 e Wi-Fi AC. Dado que non chega a adoptar as tecnoloxías máis punteiras, consegue restrinxir bastante o seu prezo, e coméntase que nos EE.UU. o modelo con 3 GB de RAM e de GB de almacenamento interno poderá custar libre 399,99 dólares (352,51 euros). Nalgúns países porase á venda o mes que vén, mentres que en España deberemos agardar ao mes de decembro para velo.

O teléfono sairá á venda en varias cores
Fotografía publicada por The Verge na que comparan o HTC One A9 cos iPhone 6 e 6 Plus

Vídeo promocional do HTC One A9

PUBLICIDADE